Radio Líder
Entrevista del dia a Miguel Corgos López-Prado conselleiro de Facenda e Administración Pública 08 06 26. Nado na Coruña en 1971, é licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade da Coruña, na especialidade de economía financeira. Ademais, conta cun Posgraduado en Auditoría de Contas e un Mestrado en Administración Financeira e Tributaria pola mesma universidade. Desde o 2001 pertence á Escala Superior de Finanzas da Xunta de Galicia na especialidade de Intervención-auditoría e na de Inspección e xestión financeira e tributaria. Desde o 2021 é conselleiro de Facenda e Administración Pública. Previamente exercía como director xeral de Planificación e Orzamentos na Consellería de Facenda e Administración Pública. Anteriormente, foi subdirector xeral de Control Financeiro Permanente na Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e subdirector xeral de Control Orzamentario de Gasto na Dirección Xeral de Orzamentos.
300 episodes
Comments
0Be the first to comment
Sign up now and become a member of the Radio Líder community!