
Escuchar Ondas Indies
Podcast de Radio Galega
Ondas Indies é un programa no que se viaxa pola música indie pop que se fai no mundo e en especial en Galicia. Novidades, Concertos, Festivais, Entrevistas, Peticións e melodías bailables desque entras ata que saes do territorio dos IndiPendentes.
Empieza 7 días de prueba
$99.00 / mes después de la prueba.Cancela cuando quieras.
Todos los episodios
49 episodios
O capítulo 119 de Ondas Indies, o primeiro da cuarta temporada do programa, tivo como convidada a compostelá mariagrep que vén de presentar o seu novo disco Detox. No Disco da Semana Ari Magritte tivo o novo traballo de Xackal, e nas novidades musicais escoitamos a Sleepy Spice.

O capítulo 118 de Ondas Indies pecha a terceira temporada do programa e contará como convidado co ourensán Fernando Epelde coñecido artísticamente como Chisme e que nos permite adiantar en exclusiva o seu disco Velcro. Tamén contaremos coa sección de Eladio Santos do Cazatesouros que ten como convidada a artista viguesa Alicia Carrera e no Disco da Semana Ari Magritte ten a The Rapants, e nas novidades musicais escoitamos a santiaguesa mariagrep.

O capítulo 113 de Ondas Indies terá como convidados aos composteláns Néboa cos que falaremos do seu novo disco Fósforo, que estrean precisamente no noso programa. Tamén contaremos nas novedades musicais coa compostelá mariagrep, e no U-lo Indie da man de Marcos Vázquez viviremos as horas previas do concerto do segoviano Hens na sala Malatesta de Santiago.

O capítulo 109 de Ondas Indies terá como convidados aos vigueses Isius que veñen de estrear o seu novo traballo Little Bighorn. Tamén contaremos no Disco da Semana da man de Ari Magritte coa viguesa High Pow e o compostelán Ortiga e o seu traballo xuntos. Nas novidades musicais escoitaremos o novo de Familia Caamagno e de Dani.

O capítulo 115 de Ondas Indies terá como convidada a banda pamplonica El Columpio Asesino que estarán presentes na edición deste ano do Festival Portamérica en Portas e Caldas de Reis. Tamén contaremos no Cazatesouros co vigués Dj Lagartija e no U-lo Indie da man de Marcos Vázquez estaremos nos concertos de Alice Wonder. E nas novedades musicais da semana estreamos o novo da Ukestra do Medio e de Clo Plas.
Empieza 7 días de prueba
$99.00 / mes después de la prueba.Cancela cuando quieras.
Podcasts exclusivos
Sin anuncios
Podcast gratuitos
Audiolibros
20 horas / mes