
Pasarse da raia
Podcast de Radio Galega
Empieza 7 días de prueba
$99 / mes después de la prueba.Cancela cuando quieras.

Más de 1 millón de oyentes
Podimo te va a encantar, y no estás solo/a
Rated 4.7 in the App Store
Acerca de Pasarse da raia
Despois de cinco anos informando para a CRTVG desde Portugal, Alberto Mancebo cruza a fronteira dos podcast en Pasarse da raia. En cada capítulo navegará polo Miño e paseará pola raia seca para contar as historias das que non sempre tivo tempo de falar nos programas informativos. Historias persoais dos arraianos, as conexións máis singulares entre Galicia e Portugal, desmontar mitos e estereotipos... Falar claro do que une e separa aos irmáns da eurorrexión sempre a punto de pasarse da raia.
Todos los episodios
13 episodios
O distrito de Aveiro en canto ao turismo parece que vive dos resto que lle deixa o Porto. Con todo é unha das provincias portuguesas con maiores atractivos. Neste capítulo de "Pasarse da raia" visitamos o distrito da auga e coñecemos de preto unha das construcións máis importantes do Porto: as casas dos burgueses e como deron en crear unha das figuras urbanísticas máis terribles, as ilhas. Todo acompañado da música de "Os azeitonas". Vamos lá!

Daquela, cando Galicia e Portugal non compartían rúas e o troco era unha moeda tan forte coma escudo, as realidades das que agora son eurocidades eran moi diferentes entre elas. Unha das diferenzas radica no xeito tan desigual que tiñan de vivir o contrabando. Despois de escoitar falar do orgullo do contrabandista de Feces, Marcial Gayoso e Antonio Fonterosa, de 86 anos os dous, acompáñannos da man cruzando o Miño para achegarnos como se vivía en Amorín, concello de Tomiño, nunha época na que, como din eles, nin as galiñas poñían ovos.

Non sería acertado dar un paseo polas relacións de Galicia e Portugal sen deterse con certa curiosidade nunha das actividades máis intensas que se viviron na fronteira: O contrabando. Neste episodio descubrimos con sorpresa como unha das vilas con máis actividade do estraperlo do pasado, Feces de Abaixo en Verín, lembra aquela etapa con esplendor e con certa melancolía. Non é para menos, grazas a esa actividade ilegal evitaron que varias xeracións tivesen que emigrar. Os subornos a axentes da autoridade, os perigos da noite no monte e mesmo o tráfico de persoas abren neste episodio do podcast “Pasarse da raia” unha fiestra a esta “mafia branca” anterior á eurorrexión.

Neste episodio especial gravamos en tempo real a nosa chegada ao mercado do Bolhão do Porto na semana da súa reapertura despois de catro anos e medio de obras. Nunha viaxe de sons e a través das voces das praceiras comprobamos que lles parece a renovación da que é a súa “casa” dende hai décadas. No mesmo episodio, unha obra tan importante para os portuenses lévanos á outra infraestrutura que está por facer que unirá aínda máis aos galegos e portugueses da Raia: a ponte peonil do futuro Parque da Amizade da eurocidade Tomiño - Cerveira. Queres saber os detalles deste proxecto que o cambiará todo á beira do Miño? Dálle ao play!

Portugal converteuse nos últimos anos nun dos destinos turísticos preferidos dos viaxeiros. A cidade de Lisboa e do Porto viviron durante este verán unha verdadeira avalancha de visitantes que veu a confirmar que Portugal está de moda aínda despois do peor da pandemia. Neste episodio de Pasarse da Raia dedicado ao turismo queremos darlle aínda máis razóns aos nosos seguidores galegos para que visiten outros puntos do país como Guimarães, a cidade que construíu un mosteiro para adorar a Deus, un castelo para protexer os monxes e un pazo para controlalo todo

Rated 4.7 in the App Store
Empieza 7 días de prueba
$99 / mes después de la prueba.Cancela cuando quieras.
Podcasts exclusivos
Sin anuncios
Podcast gratuitos
Audiolibros
20 horas / mes