
Todos os podcast | Convivir deportivo
Podcast de AGalegaAudio
Empieza 7 días de prueba
$99.00 / mes después de la prueba.Cancela cuando quieras.

Más de 1 millón de oyentes
Podimo te va a encantar, y no estás solo/a
Rated 4.7 in the App Store
Acerca de Todos os podcast | Convivir deportivo
Cada semana Convivir deportivo percorre Galicia para coñecer, concello a concello, os distintos deportes que se practican neste país, desde a base ata a elite, desde alevíns ata veteráns, desde as emerxentes ata campións lexendarios, ás veces esquecidos.
Todos los episodios
53 episodios
Deportes de montaña. Orientación, rutas e andainas. É a principal actividade deportiva do concello do Bolo. Pablo Aller, ex-presidente do Club Peña Trevinca do Barco e agora directivo, é o responsable das Probas de Orientación. A día de hoxe, son 4 probas as realizadas neste municipio, dúas na modalidade de a pé e outras dúas na modalidade de bicicleta de montaña. Proba de BTT da Ruta do Viño de Valdeorras por terras do Bolo. Victor Fernández, de Rutas Xanzá, é o deseñador dos treitos. Este ano terá dous percorridos: un, de 45,6 quilómetos e 1.600 metros positivos de desnviel, e outro de 37,8 e 1.200 metros. As Andainas son a outra grande actividade destas terras. A histórico-artística do Museo de Yosso, desde O Bolo a Valbuxán (a localidade da que era orixinario o artista), é unha das principais. Hai outras como a Nocturna do Verán e mesmo a dos Miradoiros. A xornalista Sole Figueroa é a persoa que está detrás de todo isto. A nivel individual, coñecemos a Pablo Fernández Vázquez, de Vilaseco. Este veterinario, reconvertido en policía agora mesmo en Madrid, está federado en ciclismo e atletismo. Durante os seus estudos en Ourense, militou no Academia Postal. Santuario das Ermidas, máis de 400 anos de historia, museo Yosso, muiños de fariña e aceite e ata cinco miradoiros. Nun deles, no da Salesa, está o Banco máis raro do mundo. O BOLO: ONDE PERDER OS SENTIDOS.

Luis Nogueira Fernández. Deseñado para o atletismo. Penúltimo de 6 irmáns, é un dos mellores lanzadores de xavelina de España. Comezou con 17 anos no Club Natación Barcelona, a onde emigrara co resto dos irmáns. Primeiro en salto de lonxitude e triplo salto ata que cambiou pola xavelina. O seu descubridor foi Hans Ruf, adestrador do CAR de San Cugat desde o seu inicio no 1981. Na súa longa traxectoria foi Prata no Mundial para atletas de entre 60 e 65 anos e Campión de Europa na categoría de máis de 55 anos ata en 3 ocasións. Na súa etapa na categoría absoluta chegou a subir por dúas veces ao podio no Campionato de España, deixando unha marca persoal de 67,17 metros, que logrou no ano 2000. Luis Nogueira: "Lanzando a xavelina, síntome como o home das cavernas que conquista o horizonte e busca o alimento para a tribo" No programa estiveron parte da súa longa familia -uns presenciais, outros vía telefónica- e Agustín " Tinín" González, presidente do ADAS do Barco que foi o seu club de case toda unha vida. Desde Barcelona contamos con Hans Ruf, o home que soubo ver o talento de Luis Nogueira. Todo isto amenizado pola música dun dos seus sobriños, Pablo Nogueira, compoñente do grupo Tabú. C.D. CÓRGOMO. Unha novidosa iniciativa que hai dous anos levaron a cabo 5 mozos e mozas da zona con experiencia futbolística e cansos do modelo de clubs actual. O seu obxectivo é contruír un club innovador a través da ciencia do deporte unida á xuventude, á seriedade e á paixón. Jorgue Guitián é o presidente. Este municipio ten tantos segredos coma séculos de historia. Entrelázanse o presente e o pasado, e nel podemos contemplar unha maxestosa natureza. VILAMARTÍN, DE GALICIA, O SEU XARDÍN.

A Escola de Fútbol Irmandiños naceu durante o ano do andazo. UD Somozas, UD Cebarca( de Cerdido), CF San Sadurniño e ADC Moeche son os 4 clubs, co apoio dos seus respectivos concellos, que están detrás deste interesantísimo proxecto. O obxectivo é agrupar toda a base da comarca nunha actividade- neste caso o fútbol- cunha metodoloxía onde a prioridade é a visión integral e integradora do deporte, cunha formación en valores, na que tamén participen as familias. ADC Moeche. Fundado no 1985. Compite na Segunda Autonómica de Galicia. Actualmente conta só co equipo de afeccionados, pero hai anos tivo ata 3 equipos de base. No ciclismo. Enrique Murias. Comezou no fútbol con 10 anos ata que, con 17, se integrou no club de Neda. Agora milita no Oiense. Tenis e Padel tamén están presentes así como un club de Montaña, se ben agora mesmo ten escasa actividade. Non obstante, o máis destacable en Moeche a nivel deportivo é, por un lado, o Slalom( xa súa oitava edición) no mundo do motor; e, no mundo do Cabalo, a súa afamada Feira. A "Asociación Ecuestre 23 de Abril " naceu co obxectivo de organizar a FEIRA DO CABALO, unha das de máis tradición e arraigamento no mundo equino en Galicia. Noelia Castro é a súa presidenta. O Concello de Moeche conta con Técnico Deportivo desde hai máis de 20 anos. Daniel Feijóo é o actual. Organiza e dirixe un amplo programa deportivo a nivel municipal. Referencia obrigatoria da Historia de Galicia. MOECHE: TERRA DE IRMANDIÑOS.

O 18 de marzo de 1979 é a data de constitución da LAMA SOCIEDADE DEPORTIVA. Jesús Gómez Besada foi o seu primeiro presidente. A primeira temporada xa ascenden e crean o equipo de xuvenís O resumo é 7 temporadas en Primeira Rexional., 20 en Segunda e 17 en terceira. José Benito Lorenzo, Lois Richa. Comezou na Lama. Xuvenis do Pontevedra e, con 16 anos, foi campión de Galicia en habilidade técnica. Unha lesión impediulle fichar polo Atl. de Madrid. Foi a primeria persoa en enviar un informe de Hugo Sánchez ao Atl. de Madrid. Hugo Vázquez. 17 anos. Avós da Lama. Este mozo, que milita no Pontus Véteris de Pontevedra, escribiu a páxina máis fermosa e brillante da historia da ximnasia de Pontevedra -home e muller- coa consecución do título de Campión de España base na categoría xuvenil masculina. No Kickboxing, Manel Amorín, 27 anos. Outro tesouro deportivo destas terras. Ouro en Kick Light e prata en Light Contact, dúas modalidades de Kickboxign. Ten varias medallas nacionais e autonómicas e tamén é Campión Galego de Low Kick, unha modalidade de Ring. 17 combares. Só 4 derrotas. Na Hípica. En Saltos. Santiago Reverendo. Só 14 anos. Abraiante o seu palmarés malia a sua curta idade. Subcampión de España e de Galicia por equipos. Con só 8 anos quedou entre os 15 primeiros no poniclub de Madrid. No programa participou, desde México, Maribel Prado, nai do internacional mexicano Miguel Layún que, entre outros clubs, xogou no Sevilla e Villarreal. Símbolo da emigración, este municipio é onde mellor se fala o galego normativo. A LAMA: EXEMPLO DE GALEGUIDADE.

S.D.C.ASMUBAL MEAÑO. Desde 1988. Un club de balonmán, masculino e feminino, que naceu coa fusión da actividade deportiva que se facía en dous colexios: Coirón-Dena e As Covas-Meaño. Hoxe en día, ten 140 licenzas, con 12 equipos, masculino e feminino. CTM GAM. GRUPO DE AMIGAS DE MEAÑO. En agosto do 2018, un grupo de nais deciden crear un club de Tenis de Mesa. O éxito é tal que no 2019 idearon a formación dunha Escola de Tenis de Mesa. DENA F.C. Fundado no 1947 con Luciano Fariña "O Latoneiro" como primeiro presidente. Os seus maiores éxitos obtívoos nos anos 80. A súa importancia está no traballo de base. Ten equipos en tódalas categorias. 106 licenzas na base e 45 en senior e veteranos. DEPORTIVO XIL. Un movemento veciñal no 1973 nesta parroquia desembocou na creación deste club. Horacio Castro, Miguel García e os irmáns Galiano son os principais impulsores. Un total de 11 presidentes, 6 adestradores e xogadores importantes que foron traspasados a clubs de categorías superiores. No KICKBOXING, Meaño ten actualmente un cento de persoas entre os 3 e os 50 anos practicando este deporte. Lucía Soto é a culpable. Técnica Superior en actividades físico-deportivas. Cinto negro 3 dan, adestradora nacional nivel 1, tamén de boxeo. A través do seu club, o Parabellum Fight, dá clases por toda a comarca do Salnés. Unha pequena vila coon grandes persoas onde todo sabe a viño ( hai unhas 25 adegas). MEAÑO: O CORAZÓN DO SALNÉS.

Rated 4.7 in the App Store
Empieza 7 días de prueba
$99.00 / mes después de la prueba.Cancela cuando quieras.
Podcasts exclusivos
Sin anuncios
Podcast gratuitos
Audiolibros
20 horas / mes