Efervesciencia
(2:45) No Instituto de Estudos Miñoráns exhíbese "Ilustrando o Cambio Climático", unha mostra de infografías producidas por Illustraciencia e o Museo Nacional de Ciencias Naturais. Conversamos coa ilustradora especialista en visualización de datos Laura Castro Soto. (14:14) Marian Rol, directora do Laboratorio de Cronobioloxía da Universidade de Murcia, asistiu ao VI Encontro da Noite organizado pola Agrupación Astronómica Io. Os seus estudos amosan diferenzas entre Galicia e o norte de Portugal no aproveitamento da luz e nos hábitos alimentarios. (29:00) O calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez lévanos ao descubrimento do hidróxeno. (30:18) Coa psiquiatra Iria Veiga, @rainhavermella, abordamos os mitos sobre a esquizofrenia. (40:09) Luís Carral (CITENI, Ferrol) preséntanos un estudo sobre a viabilidade de crear arrecifes artificiais feitos con ecoformigón de cunchas de vieira no que colaboraron os restaurantes con estrela Michelin de Galicia. Só estes establecementos producen un 12% do refugallo anual de cuncha de vieira de Galicia. A nosa web oficial www.efervesciencia.org [https://efervesciencia.org] En Bluesky @efervesciencia.org [https://bsky.app/profile/efervesciencia.org] Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes [https://t.me/efervescentes]
899 episodes
Comments
0Be the first to comment
Sign up now and become a member of the Efervesciencia community!