
Todos os podcast | Pensando en ti
Podcast de AGalegaAudio
Experiencias persoais dos oíntes e opinións sobre todo tipo de temas, con Marcial Mouzo e Ricardo Saavedra
Disfruta 90 días gratis
9,99 € / mes después de la prueba.Cancela cuando quieras.
Todos los episodios
470 episodios
Remata o curso dos rapaces e chega o momento de avaliar como lles foi. Hoxe en dia as "notas" entréganse a través dunha App. Neste programa botamos a vista atrás para lembrar como era este proceso anos atrás. Os oíntes rememoran como vivían o momento de recibir as cualificacións escolares; se algunha vez as falsificaron ou llas ocultaron aos pais; se facían trampas nos exames; se recibían premios ou castigos...

Sabemos que entre a nosa audiencia hai moitar persoas de idade avanzada que viven soas. Queremos saber como se sinten; se escolleron esa forma de vida ou se as circunstancias as levaron a ela; se reciben visitas ou as botan de menos; se prefirirían estar nunha residencia ou por nada do mundo queren deixar a súa casa...

Propoñémoslle aos oíntes que nos conten como foi a súa lúa de mel; se tiveron que pospoñela por motivos económicos; se colleron un coche sen rumbo fixo; se fixeron unha viaxe soñada; se volveron enfadados copa súa parella... Parolamos nunha noite abafante na que solicitamos consellos para combater a calor.

Galicia ten un feixe de topónimos curiosos: Carantoña, Zas, Parderrubias, Exipto, Gatomorto... Falamos deles coa xente que vive neses lugares. Ademais imos de excursión virtual escoitando a aqueles que estes dias fan unha pequena viaxe cos compañeiros de clase, cunha asociación veciñal, coa parroquia...

Temos visita no estudo, Rubén, panadeiro en Redondela, e Álvaro, veciño de Arcade que anda metido na organización de varias festas. Aproveitando a súa compaña falamos dos amantes do pan e do traballo dos panadeiros. Tamén comentamos como se organizan as festas populares e convidamos ás comisións de festas a promocionar os seus eventos.
Disfruta 90 días gratis
9,99 € / mes después de la prueba.Cancela cuando quieras.
Podcasts exclusivos
Sin anuncios
Podcast gratuitos
Audiolibros
100 horas / mes