Efervesciencia

Efer 749 (11-6-26): As tecnoloxías profundas en Galicia

1 h 7 min · 11 de jun de 2026
Portada del episodio Efer 749 (11-6-26): As tecnoloxías profundas en Galicia

Descripción

A segunda revolución cuántica xa está aquí e Galicia quere ser protagonista. Neste especial de Efervesciencia trasladámonos á Axencia Galega de Innovación (GAIN) para descubrir como se está a tecer o ecosistema galego das tecnoloxías profundas: comunicacións e computación cuántica, intelixencia artificial e sensado avanzado. Conversamos con Carmen Cotelo (GAIN), que debulla os avances do actual plan galego de innovación 2025-2027 e a aposta por infraestruturas como a liña de comunicación cuántica Santiago-Vigo e a factoría europea de intelixencia artificial. Tamén contamos con Diego Andrade (CITIC-UDC), Andrés Gómez (CESGA), Gonzalo Blázquez (ITG), Josefina Alonso (DIHGIGAL), Diego Beltrán (Bahía Software), Luis Freire (Gradiant), Lucía Castro (Datalife DIH), Davide Rusca (Vigo Quantum Communication Center) e Cora Vinagre (FSAS). A nosa web oficial www.efervesciencia.org [https://efervesciencia.org] En Bluesky @efervesciencia.org [https://bsky.app/profile/efervesciencia.org] Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes [https://t.me/efervescentes]

Comentarios

0

Sé la primera persona en comentar

¡Regístrate ahora y únete a la comunidad de Efervesciencia!

Empezar

2 meses por 1 €

Después 4,99 € / mes · Cancela cuando quieras

  • Podcasts exclusivos
  • 20 horas de audiolibros / mes
  • Podcast gratuitos

Todos los episodios

916 episodios

Portada del episodio Efer 751 (23-6-26): Fígado e ozempic

Efer 751 (23-6-26): Fígado e ozempic

(2:22) A literatura e a ciencia únense coa chegada de “Donaira”, tradución galega da utopía feminista “Herland” de Charlotte Perkins Gilman en Boadicea Editora, da man de Estíbaliz Espinosa e Irene Lema, que exploran temas como a partenoxénese e a autoxestión nunha sociedade só de mulleres. (20:04) Viaxamos a Canadá para conversar con María Jesús González Reyán, investigadora no Lunenfeld-Tanenbaum Research Institute, que nos explica como a semaglutida mellora a saúde do fígado máis alá da perda de peso, abrindo novas vías para tratar a doenza hepática metabólica. (41:52) Con tristura lembramos ao noso colaborador e amigo Esteban Fernández Moreira, o noso domador do “Circo de Bacterias”, recuperando unha das súas primeiras intervencións sobre as sorprendentes estratexias sociais das bacterias. A nosa web oficial www.efervesciencia.org [https://efervesciencia.org] En Bluesky @efervesciencia.org [https://bsky.app/profile/efervesciencia.org] Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes [https://t.me/efervescentes]

23 de jun de 202656 min
Portada del episodio Efer 750 (18-6-26): Acuicultura rexenerativa

Efer 750 (18-6-26): Acuicultura rexenerativa

(3:55) A psiquiatra Iria Veiga desmonta mitos sobre a depresión. (14:44) Carmen Cotelo (Axencia Galega de Innovación) presenta as novas unidades mixtas de investigación, alianzas entre centros e empresas para impulsar a transferencia de coñecemento. (21:47) Jorge Hernández Urcera (IIM-CSIC) detalla a creación Acuiregal, que busca repoboar especies mariñas clave como o polbo ou a centola. Esta é unha unidade mixta de investigación entre o CSIC, Octolarve e o Instituto para o Crecemento Sostible da Empresa. (30:21) O VIH xa non é o que era nos anos 80: grazas ao tratamento antirretroviral, unha persoa con carga viral indetectable non transmite o virus, mesmo sen métodos de barreira. Conversamos con Eva Poveda (Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur) sobre o proxecto VIH Ciencia Aberta, que combate o estigma e a desinformación a través de obradoiros, cómics e o podcast VIH Experts. (42:12) Laura Veiga aborda a relación entre ovulación e lesións deportivas, desmonta mitos sobre a masturbación e resolve dúbidas sobre anticonceptivos hormonais. A nosa web oficial www.efervesciencia.org [https://efervesciencia.org] En Bluesky @efervesciencia.org [https://bsky.app/profile/efervesciencia.org] Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes [https://t.me/efervescentes]

18 de jun de 202656 min
Portada del episodio Efer 749 (11-6-26): As tecnoloxías profundas en Galicia

Efer 749 (11-6-26): As tecnoloxías profundas en Galicia

A segunda revolución cuántica xa está aquí e Galicia quere ser protagonista. Neste especial de Efervesciencia trasladámonos á Axencia Galega de Innovación (GAIN) para descubrir como se está a tecer o ecosistema galego das tecnoloxías profundas: comunicacións e computación cuántica, intelixencia artificial e sensado avanzado. Conversamos con Carmen Cotelo (GAIN), que debulla os avances do actual plan galego de innovación 2025-2027 e a aposta por infraestruturas como a liña de comunicación cuántica Santiago-Vigo e a factoría europea de intelixencia artificial. Tamén contamos con Diego Andrade (CITIC-UDC), Andrés Gómez (CESGA), Gonzalo Blázquez (ITG), Josefina Alonso (DIHGIGAL), Diego Beltrán (Bahía Software), Luis Freire (Gradiant), Lucía Castro (Datalife DIH), Davide Rusca (Vigo Quantum Communication Center) e Cora Vinagre (FSAS). A nosa web oficial www.efervesciencia.org [https://efervesciencia.org] En Bluesky @efervesciencia.org [https://bsky.app/profile/efervesciencia.org] Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes [https://t.me/efervescentes]

11 de jun de 20261 h 7 min
Portada del episodio Efer 748 (28-5-26): Tratar a dor persistente

Efer 748 (28-5-26): Tratar a dor persistente

(2:28) A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, preséntanos o programa Nexus de colaboración entre PEMES e centros de coñecemento galegos. (7:25) José Luis Cabarcos (Xerente da Cooperativa Agraria Provincial da Coruña, que está atrás de Bico de Xeado) explícanos o proxecto de innovación Lacteus. (12:43) A dor é moito máis que unha sensación física: é unha experiencia complexa que implica factores psicolóxicos e sociais. Conversamos con María Teresa Carrillo e Alejandro Quiroz do Laboratorio de Cerebro e Dor da USC. Estes expertos desmontan mitos arredor da dor crónica e explican como a educación, o exercicio físico e as novas neurotecnoloxías, como a estimulación eléctrica transcraneal, están a revolucionar o seu tratamento. Coñecemos tamén o proxecto europeo PAINLESS, coordinado desde a USC, que busca opcións non farmacolóxicas para tratar a dor oncolóxica persistente. (45:46) Efeméride do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (46:55) Un traballo publicado en Current Biology estuda os pelos de Beethoven para intentar determinar a súa aptitude musical. Julio Rodríguez na súa Bitácora do Beagle advírtenos sobre as limitacións desta clase de estudos xenéticos. A nosa web oficial www.efervesciencia.org [https://efervesciencia.org] En Bluesky @efervesciencia.org [https://bsky.app/profile/efervesciencia.org] Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes [https://t.me/efervescentes]

28 de may de 202657 min
Portada del episodio Efer 747 (21-5-26): Eclipse en famila, construe a túa caixa escura

Efer 747 (21-5-26): Eclipse en famila, construe a túa caixa escura

(2:45) Conversamos con César Muñoz Fontela (Instituto de Medicina Tropical Bernhard Nocht de Hamburgo) sobre o gromo do virus de Bundibugyo na República Democrática do Congo, unha enfermidade emerxente que pon a proba os protocolos sanitarios nun contexto de conflito e sen vacinas dispoñibles. (15:35) Efeméride do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez (17:10) Os nosos estreleiros históricos Irene Vaspino e Martín Pawley comparten consellos prácticos para construír cámaras escuras caseiras coas que observar de forma segura e en familia a eclipse solar do 12 de agosto. Tamén exploramos a presenza das eclipses na cultura popular. (44:31) Borja Tosar achéganos ao paradoxo de Fermi.(2:45) Conversamos con César Muñoz Fontela (Instituto de Medicina Tropical Bernhard Nocht de Hamburgo) sobre o gromo do virus de Bundibugyo na República Democrática do Congo, unha enfermidade emerxente que pon a proba os protocolos sanitarios nun contexto de conflito e sen vacinas dispoñibles. (15:35) Efeméride do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez (17:10) Os nosos estreleiros históricos Irene Vaspino e Martín Pawley comparten consellos prácticos para construír cámaras escuras caseiras coas que observar de forma segura e en familia a eclipse solar do 12 de agosto. Tamén exploramos a presenza das eclipses na cultura popular. (44:31) Borja Tosar achéganos ao paradoxo de Fermi. A nosa web oficial www.efervesciencia.org [https://efervesciencia.org] En Bluesky @efervesciencia.org [https://bsky.app/profile/efervesciencia.org] Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes [https://t.me/efervescentes]

21 de may de 202655 min