Efervesciencia
(3:28) César Muñoz Fontela (Instituto Bernhard Nocht, Hamburgo) achéganos as últimas novas sobre virus emerxentes en África. (9:02) No século XVII, unha febre do ouro levou ao expolio de milleiros de mámoas galegas na procura de tesouros que nunca existiron. Hoxe, a loita contra o saqueo do noso patrimonio arqueolóxico continúa, pero con novas ferramentas e unha lexislación inédita en Europa. Conversamos con Jaime Almansa (Cretus, USC), que investiga como a ciencia pode axudar a identificar e valorar pezas expoliadas grazas ás novas técnicas de arqueometría forense. (35:17) Lembramos a Sophie Germain no “Calendario da Historia da Ciencia” de Moncho Núñez. (37:03) Víctor Pardo (USC) explícanos o Nobel de Física 2025 polo efecto túnel cuántico macroscópico. A nosa web oficial www.efervesciencia.org [https://efervesciencia.org] En Bluesky @efervesciencia.org [https://bsky.app/profile/efervesciencia.org] Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes [https://t.me/efervescentes]
899 Folgen
Kommentare
0Sei die erste Person, die kommentiert
Melde dich jetzt an und werde Teil der Efervesciencia-Community!