Efervesciencia
(2:22) A literatura e a ciencia únense coa chegada de “Donaira”, tradución galega da utopía feminista “Herland” de Charlotte Perkins Gilman en Boadicea Editora, da man de Estíbaliz Espinosa e Irene Lema, que exploran temas como a partenoxénese e a autoxestión nunha sociedade só de mulleres. (20:04) Viaxamos a Canadá para conversar con María Jesús González Reyán, investigadora no Lunenfeld-Tanenbaum Research Institute, que nos explica como a semaglutida mellora a saúde do fígado máis alá da perda de peso, abrindo novas vías para tratar a doenza hepática metabólica. (41:52) Con tristura lembramos ao noso colaborador e amigo Esteban Fernández Moreira, o noso domador do “Circo de Bacterias”, recuperando unha das súas primeiras intervencións sobre as sorprendentes estratexias sociais das bacterias. A nosa web oficial www.efervesciencia.org [https://efervesciencia.org] En Bluesky @efervesciencia.org [https://bsky.app/profile/efervesciencia.org] Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes [https://t.me/efervescentes]
916 Folgen
Kommentare
0Sei die erste Person, die kommentiert
Melde dich jetzt an und werde Teil der Efervesciencia-Community!