Imagen de portada del programa Efervesciencia

Efervesciencia

Podcast de Manuel Vicente

gallego

Tecnología y ciencia

Empieza 7 días de prueba

$99 / mes después de la prueba.Cancela cuando quieras.

  • 20 horas de audiolibros al mes
  • Podcasts solo en Podimo
  • Podcast gratuitos
Prueba gratis

Acerca de Efervesciencia

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas.Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación.Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros.

Todos los episodios

899 episodios

episode Efer 734 (5-2-26): "A extinción de persoas e máquinas" con Senén Barro artwork

Efer 734 (5-2-26): "A extinción de persoas e máquinas" con Senén Barro

(3:36)  Coñecemos todos os detalles do festival Coruña Comunica Ciencia con David Ballesteros de Ceo Aberto. (13:04) Efeméride do 5 de febreiro con Moncho Núñez. (14:31) Incorporamos á tripulación de Efervesciencia a Senén Barro, director do CITIUS e catedrático de Ciencias da Computación e a Intelixencia Artificial da USC. A partir de relatos do propio Barro, que adaptamos á radio, imos tratando diferentes cuestións en torno á Intelixencia Artificial. Sobre a súa historia, os seus impactos e as derivadas éticas das Tecnoloxías Intelixentes. Hoxe comezamos cun texto titulado "A extinción de persoas e máquinas" no que a lingua humana é a protagonista. A nosa web oficial www.efervesciencia.org [https://efervesciencia.org] En Bluesky @efervesciencia.org [https://bsky.app/profile/efervesciencia.org] Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes [https://t.me/efervescentes]

24 de mar de 2026 - 56 min
episode Efer 733 (15-1-26): Luz, horarios e saúde artwork

Efer 733 (15-1-26): Luz, horarios e saúde

(2:45) No Instituto de Estudos Miñoráns exhíbese "Ilustrando o Cambio Climático", unha mostra de infografías producidas por Illustraciencia e o Museo Nacional de Ciencias Naturais. Conversamos coa ilustradora especialista en visualización de datos Laura Castro Soto. (14:14) Marian Rol, directora do Laboratorio de Cronobioloxía da Universidade de Murcia, asistiu ao VI Encontro da Noite organizado pola Agrupación Astronómica Io. Os seus estudos amosan diferenzas entre Galicia e o norte de Portugal no aproveitamento da luz e nos hábitos alimentarios. (29:00) O calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez lévanos ao descubrimento do hidróxeno. (30:18) Coa psiquiatra Iria Veiga, @rainhavermella, abordamos os mitos sobre a esquizofrenia. (40:09) Luís Carral (CITENI, Ferrol) preséntanos un estudo sobre a viabilidade de crear arrecifes artificiais feitos con ecoformigón de cunchas de vieira no que colaboraron os restaurantes con estrela Michelin de Galicia. Só estes establecementos producen un 12% do refugallo anual de cuncha de vieira de Galicia. A nosa web oficial www.efervesciencia.org [https://efervesciencia.org] En Bluesky @efervesciencia.org [https://bsky.app/profile/efervesciencia.org] Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes [https://t.me/efervescentes]

23 de mar de 2026 - 58 min
episode Efer 732 (8-1-26): Non é un pais para detectoristas furtivos, ciencia contra o expolio artwork

Efer 732 (8-1-26): Non é un pais para detectoristas furtivos, ciencia contra o expolio

(3:28) César Muñoz Fontela (Instituto Bernhard Nocht, Hamburgo) achéganos as últimas novas sobre virus emerxentes en África. (9:02) No século XVII, unha febre do ouro levou ao expolio de milleiros de mámoas galegas na procura de tesouros que nunca existiron. Hoxe, a loita contra o saqueo do noso patrimonio arqueolóxico continúa, pero con novas ferramentas e unha lexislación inédita en Europa. Conversamos con Jaime Almansa (Cretus, USC), que investiga como a ciencia pode axudar a identificar e valorar pezas expoliadas grazas ás novas técnicas de arqueometría forense. (35:17) Lembramos a Sophie Germain no “Calendario da Historia da Ciencia” de Moncho Núñez. (37:03) Víctor Pardo (USC) explícanos o Nobel de Física 2025 polo efecto túnel cuántico macroscópico. A nosa web oficial www.efervesciencia.org [https://efervesciencia.org] En Bluesky @efervesciencia.org [https://bsky.app/profile/efervesciencia.org] Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes [https://t.me/efervescentes]

22 de mar de 2026 - 56 min
Muy buenos Podcasts , entretenido y con historias educativas y divertidas depende de lo que cada uno busque. Yo lo suelo usar en el trabajo ya que estoy muchas horas y necesito cancelar el ruido de al rededor , Auriculares y a disfrutar ..!!
Muy buenos Podcasts , entretenido y con historias educativas y divertidas depende de lo que cada uno busque. Yo lo suelo usar en el trabajo ya que estoy muchas horas y necesito cancelar el ruido de al rededor , Auriculares y a disfrutar ..!!
Fantástica aplicación. Yo solo uso los podcast. Por un precio módico los tienes variados y cada vez más.
Me encanta la app, concentra los mejores podcast y bueno ya era ora de pagarles a todos estos creadores de contenido

Elige tu suscripción

Más populares

Premium

20 horas de audiolibros

  • Podcasts solo en Podimo

  • Disfruta los shows de Podimo sin anuncios

  • Cancela cuando quieras

Empieza 7 días de prueba
Después $99 / mes

Prueba gratis

Sólo en Podimo

Audiolibros populares

Prueba gratis

Empieza 7 días de prueba. $99 / mes después de la prueba. Cancela cuando quieras.