Efervesciencia
(2:28) A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, preséntanos o programa Nexus de colaboración entre PEMES e centros de coñecemento galegos. (7:25) José Luis Cabarcos (Xerente da Cooperativa Agraria Provincial da Coruña, que está atrás de Bico de Xeado) explícanos o proxecto de innovación Lacteus. (12:43) A dor é moito máis que unha sensación física: é unha experiencia complexa que implica factores psicolóxicos e sociais. Conversamos con María Teresa Carrillo e Alejandro Quiroz do Laboratorio de Cerebro e Dor da USC. Estes expertos desmontan mitos arredor da dor crónica e explican como a educación, o exercicio físico e as novas neurotecnoloxías, como a estimulación eléctrica transcraneal, están a revolucionar o seu tratamento. Coñecemos tamén o proxecto europeo PAINLESS, coordinado desde a USC, que busca opcións non farmacolóxicas para tratar a dor oncolóxica persistente. (45:46) Efeméride do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (46:55) Un traballo publicado en Current Biology estuda os pelos de Beethoven para intentar determinar a súa aptitude musical. Julio Rodríguez na súa Bitácora do Beagle advírtenos sobre as limitacións desta clase de estudos xenéticos. A nosa web oficial www.efervesciencia.org [https://efervesciencia.org] En Bluesky @efervesciencia.org [https://bsky.app/profile/efervesciencia.org] Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes [https://t.me/efervescentes]
916 Episoder
Kommentarer
0Vær den første til å kommentere
Registrer deg nå og bli medlem av Efervesciencia sitt community!