Efervesciencia
(3:55) A psiquiatra Iria Veiga desmonta mitos sobre a depresión. (14:44) Carmen Cotelo (Axencia Galega de Innovación) presenta as novas unidades mixtas de investigación, alianzas entre centros e empresas para impulsar a transferencia de coñecemento. (21:47) Jorge Hernández Urcera (IIM-CSIC) detalla a creación Acuiregal, que busca repoboar especies mariñas clave como o polbo ou a centola. Esta é unha unidade mixta de investigación entre o CSIC, Octolarve e o Instituto para o Crecemento Sostible da Empresa. (30:21) O VIH xa non é o que era nos anos 80: grazas ao tratamento antirretroviral, unha persoa con carga viral indetectable non transmite o virus, mesmo sen métodos de barreira. Conversamos con Eva Poveda (Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur) sobre o proxecto VIH Ciencia Aberta, que combate o estigma e a desinformación a través de obradoiros, cómics e o podcast VIH Experts. (42:12) Laura Veiga aborda a relación entre ovulación e lesións deportivas, desmonta mitos sobre a masturbación e resolve dúbidas sobre anticonceptivos hormonais. A nosa web oficial www.efervesciencia.org [https://efervesciencia.org] En Bluesky @efervesciencia.org [https://bsky.app/profile/efervesciencia.org] Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes [https://t.me/efervescentes]
916 Episoder
Kommentarer
0Vær den første til å kommentere
Registrer deg nå og bli medlem av Efervesciencia sitt community!