Efervesciencia
A segunda revolución cuántica xa está aquí e Galicia quere ser protagonista. Neste especial de Efervesciencia trasladámonos á Axencia Galega de Innovación (GAIN) para descubrir como se está a tecer o ecosistema galego das tecnoloxías profundas: comunicacións e computación cuántica, intelixencia artificial e sensado avanzado. Conversamos con Carmen Cotelo (GAIN), que debulla os avances do actual plan galego de innovación 2025-2027 e a aposta por infraestruturas como a liña de comunicación cuántica Santiago-Vigo e a factoría europea de intelixencia artificial. Tamén contamos con Diego Andrade (CITIC-UDC), Andrés Gómez (CESGA), Gonzalo Blázquez (ITG), Josefina Alonso (DIHGIGAL), Diego Beltrán (Bahía Software), Luis Freire (Gradiant), Lucía Castro (Datalife DIH), Davide Rusca (Vigo Quantum Communication Center) e Cora Vinagre (FSAS). A nosa web oficial www.efervesciencia.org [https://efervesciencia.org] En Bluesky @efervesciencia.org [https://bsky.app/profile/efervesciencia.org] Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes [https://t.me/efervescentes]
916 Episoder
Kommentarer
0Vær den første til å kommentere
Registrer deg nå og bli medlem av Efervesciencia sitt community!